Envío de propostas

O IX Congreso Internacional de Fonética Experimental terá lugar na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo do 21 ao 23 de xuño de 2023. O congreso estará dedicado á memoria de Ana Maria Fernández Planas.

O comité organizador invita ao envío de propostas sobre calquera aspecto relacionado co ámbito da fonética.

Ademais, terán lugar catro sesións monográficas para as que tamén se solicitan propostas. As persoas coordinadoras dunha proposta de sesión monográfica deberán incluír unha listaxe de ata cinco participantes (incluída a persoa coordinadora).

Cada intervención disporá de 20 minutos para a presentación e 10 para a discusión.

Os resumos (en inglés e en español ou galego), de ata un máximo de 500 palabras, deberán enviarse antes do día 15 de setembro de 2022 31 de outubro de 2022 a través da plataforma Easychair e deben conter: introdución, hipóteses, metodoloxía, resultados e conclusións. As referencias bibliográficas deberán cumprir as normas APA (7ª edición).

A notificación de aceptación enviarase antes do día 31 de decembro de 2022.

CALENDAR
Data límite de envío de propostas15 de setembro de 2022, extensión do prazo ata o 31 de outubro de 2022
Aceptación31 de decembro de 2022
Datas do congreso21-23 de xuño de 2023