
O IX Congreso Internacional de Fonética Experimental ten como obxectivo agrupar investigadores, teóricos e profesionais dunha grande variedade de disciplinas, como a acústica, a fonética experimental, a neuropsicofonética etc. co fin de explorar a complexidade dos sons da fala e o seu procesamento.
O congreso estará dedicado á memoria de Ana Maria Fernández Planas.
O Congreso pretende cubrir unha ampla variedade de temas e abordar unha serie de cuestións, entre as que destacan (non é unha lista pechada) as seguintes:
Fonética acústica
Fonética articulatoria
Fonética perceptiva
Psicolingüística e fonética acústica
Fonética experimental, ensino e aprendizaxe
Prosodia
Cambio fonético
Sociofonética
Tipoloxía
Adquisición de primeiras e segundas linguas
Fonética forense
Fonética clínica
Tecnoloxías da fala
Neurolingüística e fonética
etc.